viernes, 20 de abril de 2012

TREIXADURA EN VILAGARCÍA DE AROUSA




O vindeiro 21 DE ABRIL Treixadura presentará en directo o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada” no Auditorio de VILAGARCÍA DE AROUSA. O concerto comezará ás 22:30 h e as entradas poden mercarse na billeteira do auditorio e na páxina web de servinova

http://www.zoumarecords.com/Blog/contenido/272/Treixadura_presenta_Esa_si_que_e_muinada_en_Vilagarcia_de_Arousa


TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e 
instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares  coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce  bailando, cantando e escoitando música de seu.

15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en 
común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para  que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.

A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas
incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega

http://www.treixadura.com/

 ESA SI QUE É MUIÑADA
Treixadura 2011

Coincidindo con vinte anos de gravacións, concertos, colaboracións, e vida en común remata esta tetraloxía.
Esa si que é muiñada é hoxe unha lúa crescente, case chea, que albisca a fin dun ciclo e,ao tempo,o inicio dun novo.
Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas, que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música.

http://www.treixadura.com/discografia/esa_si_que_e_muinada.php 

SE CHOVE

Eí vén o vento do mar'e
eí vén o vento mareiro
eí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro.
Se chove, deixa chover'e,
se orballa deixa orballar'e
por máis que chova e vente
de ti non me hei de apartar'e
Pasei pola ponte abaixo
vin saltar unha sardiña
mariñeiros ide ao mar'e
e botádelle a traíña
.Se chove, deixa chover'e...
Indo polo mar abaixo
perdín a miña navalla,
rema mariñeiro rema
que alá no mar me quedaba.
Se chove, deixa chover'e...
O que navega de noite
ha tropezar nos penedos,
eu que ando polo día
tropezo nos teus enredos
...deixa chover'e, se orballa
deixa orballar'e, por mais que
chova e que vente,
de ti non me hei de apartar'e


                                    TREIXADURA NO AUTORIO MAR DE VIGO 17/12/1 (SE CHOVE E VEN VER O MAR)

 VEN VER O MAR

Teño un xuramento feito
e o teño de cumprir'e,
o día do meu enterro
non hei de cantar nin rir'e.

Ven ver o mar queridiña
ven ver o mar que devala,
se non o ves da túa porta
velo da miña ventana.

Non lle teño medo aos ditos
nin lle teño ao teu meigallo,
que ando cunha vacaloura
e con catro dentes de allo.

Confeseime alá na Cruña
comulguei en Pontevedra,
vin cumprir a penitencia
coas nenas da miña terra.


miércoles, 4 de abril de 2012

Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte

O 7 DE ABRIL DO 2012 INAUGÚRASE O MUSEO

Presentación

Cando se constituíu a Fundación Torre-Pujales Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte, en outubro de 2006, dou fe de que ninguén confiou que este proxecto chegase a porto. Tivemos moitos atrancos, a aínda seguemos a telos, mais por riba de todo, ao equipo que colaborou para facer posible este soño, móvenos unha voluntade inquebrantable na tesis goethiana, que xamais falla, de que a voluntade vence ao mundo. 
    Grazas ao esforzo dun pequeño número de persoas hoxe é unha realidade que a Costa da Morte teña o primeiro Museo de Arte Contemporánea. Corme Porto será o epicentro, poque alí está a sede, pero nacemos cunha ambición de universalidade, como o demostran as becas a artistas plásticos de nivel internacional, que se levan a cabo dende os comenzos, e gustaríanos colaborar cos distintos Concellos da Costa da Morte, ofrecendo a nosa cooperación, asesoramento e axuda para facer que esta bisbarra, que ten estado moito tempo esquecida pase a ser recoñecida pola súa singularidade, altura de miras e logros, atraíndo as súas costas un turismo de calidade e permanente, basado prioritariamente na oferta cultural.

 Cando falece Julio Pujales, repentinamente, ten 58 anos e está nun intre espléndido de creación artística, a xuízo dos críticos. Ao non ter fillos e ser coleccionista de arte, pensei que a mellor maneira de manter viva a súa memoria e prestar un servizo á sociedade era facer unha Fundación e doala ao pobo galego, xunto coa súa obra e parte da nosa colección particular. A situación veu sinalada polas circunstancias, con independencia de ser a Costa da Morte un dos nosos lugares preferidos.
Encetamos esta andaina en 2004 con bolsas de residencia para artistas plásticos, e nivel internacional, e cursos de verán dende 2007. A rehabilitación da sede do Museo, que é o primeiro Museo de Arte Contemporánea na Costa da Morte, remata en 2009 e mentres fóronse perfilando os seus obxectivos coa única idea de servizo á comunidade. Tanto eu coma os meus colaboradores temos partido dunha idea utópica, matinando que só dende estes foros é posíbel recuperar as nosas perdas de humanidade e salvagardar a natureza no que aínda é salvábel, pois a cultura é o mellor patrimonio que temos.

Cristina Torre Cervigón
Presidenta da Fundación Torre-Pujales
Museo de Arte Contemporáneo, Costa da Morte

http://www.fmactorrepujales.com/p/gl/Museo-De-Arte-Contemporaneo/Museo-De-Arte-Contemporaneo.php



                                       Castro de Borneiro;: entre Corme e Ponteceso