O 7 DE ABRIL DO 2012 INAUGÚRASE O MUSEO
Cando se constituíu a Fundación Torre-Pujales Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte, en outubro de 2006, dou fe de que ninguén confiou que este proxecto chegase a porto. Tivemos moitos atrancos, a aínda seguemos a telos, mais por riba de todo, ao equipo que colaborou para facer posible este soño, móvenos unha voluntade inquebrantable na tesis goethiana, que xamais falla, de que a voluntade vence ao mundo.
Grazas ao esforzo dun pequeño número de persoas hoxe é unha realidade que a Costa da Morte teña o primeiro Museo de Arte Contemporánea. Corme Porto será o epicentro, poque alí está a sede, pero nacemos cunha ambición de universalidade, como o demostran as becas a artistas plásticos de nivel internacional, que se levan a cabo dende os comenzos, e gustaríanos colaborar cos distintos Concellos da Costa da Morte, ofrecendo a nosa cooperación, asesoramento e axuda para facer que esta bisbarra, que ten estado moito tempo esquecida pase a ser recoñecida pola súa singularidade, altura de miras e logros, atraíndo as súas costas un turismo de calidade e permanente, basado prioritariamente na oferta cultural.
Cando falece Julio Pujales, repentinamente, ten 58 anos e está nun intre espléndido de creación artística, a xuízo dos críticos. Ao non ter fillos e ser coleccionista de arte, pensei que a mellor maneira de manter viva a súa memoria e prestar un servizo á sociedade era facer unha Fundación e doala ao pobo galego, xunto coa súa obra e parte da nosa colección particular. A situación veu sinalada polas circunstancias, con independencia de ser a Costa da Morte un dos nosos lugares preferidos.
Encetamos esta andaina en 2004 con bolsas de residencia para artistas plásticos, e nivel internacional, e cursos de verán dende 2007. A rehabilitación da sede do Museo, que é o primeiro Museo de Arte Contemporánea na Costa da Morte, remata en 2009 e mentres fóronse perfilando os seus obxectivos coa única idea de servizo á comunidade. Tanto eu coma os meus colaboradores temos partido dunha idea utópica, matinando que só dende estes foros é posíbel recuperar as nosas perdas de humanidade e salvagardar a natureza no que aínda é salvábel, pois a cultura é o mellor patrimonio que temos.
Cristina Torre Cervigón
Presidenta da Fundación Torre-Pujales
Museo de Arte Contemporáneo, Costa da Morte
Presidenta da Fundación Torre-Pujales
Museo de Arte Contemporáneo, Costa da Morte
http://www.fmactorrepujales.com/p/gl/Museo-De-Arte-Contemporaneo/Museo-De-Arte-Contemporaneo.php
Castro de Borneiro;: entre Corme e Ponteceso
No hay comentarios:
Publicar un comentario